"POLA DIGNIFICACIÓN DO LABOR DOS/AS EMPREGADOS PÚBLICOS E DA CALIDADE DOS SERVIZOS QUE RECIBE A CIDADANÍA".
23 de Mayo de 2022

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), sindicato máis representativo nas administracións públicas, e JUSAPOL, iniciamos un calendario de mobilizacións pola defensa dos dereitos do conxunto de empregados/ as públicos/as.

A escalada de prezos que estamos a sufrir nestes últimos meses derivou nunha inflación que se sitúa por encima do 8%, o que supón un empobrecemento xeneralizado do conxunto da sociedade, mentres que o Goberno da nación foi incapaz de aplicar medidas efectivas para conter a alza dos prezos.

Durante a recente crise sanitaria púxose de manifesto a necesidade de contar cuns servizos públicos os suficientemente dimensionados para poder ofrecer aos cidadáns uns niveis de calidade na prestación acordes ao noso Estado de Benestar.

As empregadas e empregados públicos, coa súa profesionalidade, entrega e un comportamento exemplar ao longo da crise sanitaria, demostraron unha xenerosidade e entrega dignas de eloxio, garantindo o normal funcionamento dos servizos públicos a pesar das difíciles circunstancias vividas e a carencia de persoal no conxunto das nosas administracións públicas. Esta actitude foi recoñecida pola sociedade no seu conxunto.

As cuestións máis esenciais que afectan ao conxunto dos cidadáns levan a cabo por servidores públicos, que teñen encomendada tarefas tan fundamentais como a protección da saúde, do medio ambiente, a educación, a seguridade, a xustiza ou a protección dos sectores máis desfavorecidos. Así, un Goberno que defenda o Estado de Benestar debe recocer e dignificar o traballo das e os empregados públicos, o seu esforzo e responsabilidade que cotidianamente levan a cabo.

Por iso hai que pasar das palabras aos feitos e o Goberno non pode rehuir a negociación colectiva cos lexítimos representantes dos/ as empregados públicos/as para abordar a situación actual, blindando os nosos servizos públicos e recoñecendo o labor que prestamos á sociedade.

As nosas empregadas e empregados públicos/as da sanidade, ensino, Administración Xeral do Estado, administración de xustiza, autonómica e local, axencia tributaria, institucións penitencias, empresas públicas, corpos e forzas de seguridade, viron como no ano 2010 recortáronselles os seus salarios entre un 5% e un 10% que a día de hoxe seguen sen recuperar. A iso hai que sumar as conxelacións salariais dos anos seguintes, situando a súa perda de poder adquisitivo por encima do 15% a día da data. En función do grupo profesional ao que pertencen, na última década, traballaron gratis entre 15 e 18 meses.

Por outra banda, as últimas reformas das pensións, avaladas coa firma de CCOO e UXT propiciaron un incremento na idade para acceder á xubilación e un recorte de ata 8.500 euros se se accede á xubilación a unha idade máis temperá da establecida.

Ademais, a prestación sanitaria que se recibe a través do Mutualismo Administrativo viuse deteriorada debido ao déficit orzamentario co que se subscribiron os actuais concertos, de tal maneira que houbo recortes en cadros médicos, centros hospitalarios, tratamentos, etc. Por esta motivo CSIF, JUPOL e JUCIL mobilizáronse o pasado 18 de abril esixindo o incremento orzamentario nos distintos concertos sanitarios para prestar unha asistencia sanitaria de calidade.
A temporalidade no emprego público sitúa ao conxunto de Administracións nunha taxa superior á da empresa privada, precarizando, máis se cabe, os nosos servizos públicos e o gran labor que desenvolven as empregadas e empregados públicos.
O reiterado impedimento polas administracións ao dereito da mobilidade voluntaria, así como a esixencia de superar unha nova fase de oposición para poder promocionar, son a máxima expresión do abandono que sofren as e os empregados públicos fixos.
Todo iso fai necesario unha resposta contundente, na rúa, do conxunto de persoas traballadoras para esixir ao Goberno que pase das palabras aos feitos e ao amparo da negociación colectiva, dignifiquen o labor das e os empregados públicos:

• Recuperando noso poder adquisitivo.
• Respectando as nosas condicións laborais.
• Estabilizando o emprego e suprimindo a taxa de reposición.
• Corrixindo as desigualdades retributivas entre administracións.
• Actualizando as contías sobre indemnización por razón do servizo.
• Adecuando os complementos de insularidade.
• Fixando o adianto na idade de xubilación a determinados colectivos pola súa actividade.
• Ofrecendo unha prestación sanitaria adecuada aos mutualistas e beneficiarios.
• Mantendo o réxime de Clases Pasivas, corrixindo a desigualdade na contía das pensións.

¡¡¡MOVILIZATE CON CSIF O 25 DE MAIO!!!!

¡¡¡SON OS TEUS DEREITOS E OS DE TODA A CIDADANÍA!!!!