LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS NAS LISTAS DE INTERINIDADES E SUBSTITUCIÓNS DE ÁRABE EOI
25 de Abril de 2022

Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións, na especialidade de árabe, do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592002)

Resolución do 22 de abril de 2022 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na especialidade de árabe do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592002) (código de procedemento ED003A).

  • As persoas interesadas poderán formular recurso de reposición ás listaxes definitivas ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos nun prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

  • Non se admitirán os recursos formulados mediante correo electrónico.