III CERTAME DE MICRORRELATO CSIF ENSINO LETRAS GALEGAS 2022
22 de Abril de 2022

III CERTAME DE MICRORRELATO CSIF ENSINO LETRAS GALEGAS 2022

BASES

Primeira: Participarán aqueles alumn@s que se atopen no ano académico 2021-2022 en Primaria ou Secundaria-Bacharelato.

Segunda: Extensión de 159 palabras, que coinciden co número de anos transcorridos dende a publicación de “Cantares Galegos”.

Terceira: Tema libre, o microrrelato comezará así: “Galicia infinda” . Estas dúas palabras e o título non se contabilizan nas 159.

Cuarta: Os textos terán que ser orixinais en lingua galega.

Quinta: Formato DIN A4 por unha cara, mecanografados a dobre espazo, tamaño de letra 12 e encabezados polo título (este tampouco contabilizará para as 159 palabras do microrrelato)

Sexta: O premio de cada unha das categorías consistirá nun vale para mercar libros en galego.

Categoría de Primaria: Categoría de Secundaria- Bacharelato:

1º premio un vale de 200 € 1º premio un vale de 200 €

2º premio un vale de 150 € 2º premio un vale de 150 €

3º premio un vale de 100 € 3º premio un vale de 100 €

Sétima: Achegarase o relato asinado co pseudónimo dentro dun sobre pechado. Este sobre especificará no exterior dito pseudónimo elixido polo autor@ e a categoría a que se presenta. Dentro deste sobre incluirase outro sobre pechado co pseudónimo no exterior, que deberá conter no seu interior os datos do autor@ (nome, apelidos, pseudónimo, centro, enderezo, teléfono) .

Oitava: Prazo de entrega ata o 9 de maio de 2022. Presentaranse nas sedes do sindicato ou mediante correo indicando:

II CERTAME DE MICRORRELATO CSIF ENSINO

Dirección da sede de CSIF da túa provincia

Novena: O xurado, designado polo Sindicato CSIF, emitirá o seu ditame o 12 de maio de 2022

Décima: CSIF resérvase a propiedade dos relatos premiados. Os relatos non premiados permanecerán no Sindicato, a disposición dos seus autores/as, os dous meses seguintes á entrega de premios. Transcorrido este período, os que non foran reclamados serán destruídos.

Undécima: A entrega de premios comunicarase no momento oportuno.

Duodécima: A participación implica a aceptación das normas contidas nas presentes bases.