CONCURSO DE MÉRITOS PARA SELECCIÓN DA DIRECCIÓN DE CENTROS EDUCATIVOS
04 de Abril de 2022

ORDE do 25 de marzo de 2022 pola que se convoca concurso de méritos para a selección e o nomeamento da dirección dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Os méritos achegados para a súa valoración deberán posuírse na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

Prazo de presentación de solicitudes e emenda

  • O prazo de presentación de solicitudes e documentación será de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
  • Agás a presentación do proxecto de dirección, se a restante documentación achegada non reúne os requisitos exixidos na presente orde, a Comisión de Selección requirirá a persoa interesada para que emende a falta ou xunte os documentos preceptivos no prazo de 10 días hábiles desde a súa notificación e coa indicación de que, se así non o fixer, non lle serán tidos en conta ou, de ser o caso, realizarase a declaración de desistencia.

LIGAZÓN AO DOG

Ficheros Adjuntos: