CXT 2021/22. RESOLUCIÓN DEFINITIVA DO CONCURSO XERAL DE TRASLADOS
PARA O PROFESORADO DOS CORPOS DE CATEDRÁTICOS E PES, PT, EOI, MÚSICA E ARTES ESCÉNICAS, ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO, PROFESORES TÉCNICOS DE FP, MESTRES DE TALLER DE APD, MESTRES E INSPECTORES DE EDUCACIÓN
01 de Abril de 2022

Resolución definitiva do concurso de traslados para o profesorado dos corpos de catedráticos e PES, PT, EOI, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de FP, mestres de taller de APD, mestres e inspectores de educación

Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación, convocado pola Orde do 26 de outubro de 2021 (Diario Oficial de Galicia núm.214, do 8 de novembro) (código de procedemento ED012A).

Así mesmo, unha vez publicada a dita resolución no Diario Oficial de Galicia, o persoal interesado poderá interpoñer, por medios electrónicos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/portada), un recurso potestativo de reposición, no prazo dun (1) mes a contar dende o día seguinte á dita publicación, segundo o disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para os efectos de interpoñer o recurso de reposición, a persoa interesada deberá proceder do seguinte xeito:

1.- Acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón https://sede.xunta.gal/portada

2º Autenticarse co seu usuario e contrasinal

3º.- Localizar o expediente correspondente á solicitude de participación do concurso de traslados (código de procedemento ED012A/2021) e premer na opción de “Acción” para elixir o trámite “Recurso de reposición”

4º Encher o formulario, anexar a documentación, se é o caso, asinar e presentar electronicamente premendo no botón “Asinar e presentar”

O recurso estará correctamente presentado cando poida descargarse tanto o recurso de reposición asinado como o recibo de presentación deste.

LIGAZÓN A TODA A INFORMACIÓN SOBRE O CONCURSO DE TRASLADOS

IMPORTANTE: O prazo para participar nas Comisións de Conciliación familiar e de Saúde será de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG