Resolución provisional de centros novos e de continuidade seleccionados para os plans de formación permanente do profesorado
22 de Noviembre de 2021

Resolución provisional de centros novos e de continuidade seleccionados para os plans de formación permanente do profesorado que se van implantar en centros educativos públicos dependentes desta consellería no curso 2021/22

Segundo os termos establecidos no apartado 13.2 referidos á Resolución do 15 de Xuño de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convoca a selección de plans de formación permanente do profesorado que se van implantar en centros educativos públicos dependentes desta consellería no curso 2021/22, a Comisión fará públicas as resolucións provisionais que se difundirán no portal educativo www.edu.xunta.gal/portal.

A partir da publicación desta resolución (19 de novembro) abrirase un prazo de cinco naturais para efectuar reclamacións ou renuncias. Transcorrido este prazo, unha vez estudadas e, de ser o caso, atendidas as mencionadas reclamacións e renuncias, a comisión seleccionadora elevaralle a proposta definitiva á persoa titular da secretaría xeral, quen resolverá a relación final dos plans seleccionados.

LISTAXE PROVISIONAL