CONCURSO DE TRASLADOS ESPECÍFICO DE ORIENTACIÓN MESTRES
15 de Noviembre de 2021

ORDE do 5 de novembro de 2021 pola que se convoca concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do departamento de orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria, de educación primaria e de educación especial dependentes desta consellería (código de procedemento ED013A

Acceso ao CONCURSO: http://www.edu.xunta.gal/cxt e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

As solicitudes (anexo I) presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. (código de procedemento ED013A).

Prazo presentación de solicitudes e documentos será de 15 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG

Será requisito imprescindible posuír o certificado de lingua galega 4(CELGA 4), ou ter superado o curso de perfeccionamento de lingua galega, ou ter a validación correspondente ou telo superado a través de proba libre ou posuír o nivel avanzado de galego da EOI das ensinanzas reguladas polo Real decreto 1629/2006, do 29 de decembro ou o nivel Intermedio B2 das ensinanzas reguladas polo Real decreto 1041/2017, do 22 de decembro. Para estes únicos efectos, entenderase que reúnen este requisito as persoas que superasen a proba de coñecemento da lingua galega no procedemento selectivo de acceso ao corpo de mestres.

LIGAZÓN AO DOG