RELACIÓN PROVISIONAL DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS NA ESPECIALIDADE DE PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA DO CORPO DE MESTRES
15 de Noviembre de 2021

Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional das listas de interinidades e substitucións na especialidade de pedagoxía terapéutica do corpo de mestres (597036)

Resolución do 12 de novembro de 2021 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na especialidade de pedagoxía terapéutica do corpo de mestres (597036) (código de procedemento ED003A).

  • As persoas interesadas poderán formular reclamacións contra a relación provisional de persoas excluídas e o baremo provisional, que presentarán obrigatoriamente por medios electrónicos a través do modelo normalizado do procedemento ED003A, opción "Alegacións", accedendo á carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED003A&ano=2020&numpub=1&lang=gl) no prazo de tres (3) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no portal de Internet da Consellería.

Prazo: ata o 17 de novembro de 2021.

Non se admitirán as alegacións que non sexan presentadas a través do procedemento indicado no parágrafo anterior.

Achégase resolución, relación provisoria de persoas admitidas xunto co baremo (Anexo I) e relación de persoas excluídas (Anexo II)

PERSOAS ADMITIDAS

PERSOAS EXCLUÍDAS