Apertura de listas para interinidades e substitucións de pedagoxía terapéutica do corpo de mestres
25 de Octubre de 2021

Apertura de listas para cubrir interinidades e substitucións de pedagoxía terapéutica do corpo de mestres

Convocado o procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na especialidade de pedagoxía terapéutica do corpo de mestres/as (597036)

Prazo do 26 ao 28 de outubro

Resolución do 25 de outubro de 2021, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na especialidade de pedagoxía terapéutica do corpo de mestres/as (597036) (código de procedemento ED003A)

Prazo de presentación de solicitudes: desde MAÑÁ martes día 26 de outubro ata o día 28 de outubro de 2021, ambos incluídos.

Como cubrir a solicitude de inscrición:

1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible MAÑÁ martes día 26 de outubro de 2021.

2º. Premer na icona “Tramitar en liña”

Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).

3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación xunto co impreso de autobaremación de méritos-Folla alegación méritos-, asinar e presentar no rexistro e obter recibo.

4º Lembre que deberá anexar coa solicitude e a restante documentación establecida na resolución a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.

Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procemento ED003A.