Listas abertas de catedráticos e profesores de Música e Artes Escénicas
20 de Octubre de 2021

Resolución pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo de catedráticos (593) e do corpo de profesores de música e artes escénicas (594)

Prazo de presentación de solicitudes: desde o día 20 de outubro ata o día 3 de novembro de 2021, ambos incluídos.

Como cubrir a solicitude de inscrición:

1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible MAÑÁ mércores día 20 de outubro de 2021.

2º. Premer na icona “Tramitar en liña”

Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).

3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación xunto co impreso de autobaremación de méritos, asinar e presentar no rexistro e obter recibo.

Lembre que deberá anexar coa solicitude e a restante documetación establecida na resolución a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.

Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procemento ED003A.