19 de outubro: Día Internacional da Loita contra o Cancro de Mama
19 de Octubre de 2021

O 19 de outubro celébrase o Día Internacional da Loita contra o Cancro de Mama, para sensibilizar e concienciar ás mulleres de todo o mundo, sobre a importancia de realizarse un exame de mamas regularmente, coa finalidade de detectar calquera signo ou anomalía.

Esta efeméride foi impulsada pola Organización Mundial da Saúde (OMS), para promover o diagnóstico precoz do cancro de mama, así como incrementar o acceso da poboación feminina aos controis e tratamentos oportunos desta enfermidade.

# DíaInternacionaldelCáncerdeMama