Centros Plurilingües. Regulación da xestión de probas de nivel lingüístico.
13 de Octubre de 2021

Resolución do 7 de outubro de 2021, pola que se regula a xestión de probas de nivel lingüístico para o alumnado dos centros públicos, pertencentes á Rede de Centros Plurilingües

Para realizar a solicitude debe accederse á aplicación www.edu.xunta.es/programaseducativos.

Seleccionar PROGRAMAS DE ÉXITO EDUCATIVO e o CURSO 2021-2022.

Logo ir a LISTAXE PROGRAMAS e seleccionar Acreditación LE centros públicos plurilingües.

A continuación premer en SOLICITAR (non é preciso cubrir ningún dato) e a seguir CREAR e despois GARDAR. Finalmente deben premer en PRESENTAR.

A continuación deben ir ao depregable da esquerda, en LISTAR SOLICITUDES. Aparecerá a solicitude realizada e deben picar na columna ACCIÓN, na acción de editar (no lapis). A continuación deben cubrir os datos do proxecto, no que só se lles solicitan os datos do alumnado que está interesado e se compromote a facer as probas.
Unha vez cubertos estes datos deben premer en Rematar e enviar.

Ambos documentos poderán ser xerados desde a aplicación e ser gardados no centro. Non deben entregar ningún documento.