Listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións curso 2021/22. Secundaria.
06 de Octubre de 2021

Listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso 2021/2022 do corpo de PES, profesores técnicos de FP, EOI, profesores de música e artes escénicas e profesores de artes plásticas e deseño

Resolución do 5 de outubro de 2021, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproban as listaxes provisionais para a cobertura de interinidades e substitucións e as relacións provisionais de persoas excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2021-2022 correspondentes ao corpo de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficias de idiomas, profesores de música e artes escénicas e profesores de artes plásticas e deseño.

Prazo de 5 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet da Consellería de Cultura, Educación e Universidade

  • As persoas participantes nos procedementos selectivos convocados pola Orde do 24 de febreiro de 2020 con dereito á incorporación na lista poderán formular alegacións ás listaxes provisionais ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo de 5 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), utilizando o procedemento ED001A, opción “Alegacións” da instancia de matrícula no corpo e especialidade correspondente, ou mediante o impreso xenérico dispoñible no procedemento PR004A. Non se admitirán as alegacións formuladas mediante correo electrónico.

  • As listaxes de admitidos poden consultarse no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/substitutoslistas/

LISTAXES