5 de outubro- Día mundial do docente
“Os docentes no centro da recuperación da educación”
05 de Octubre de 2021

O profesorado realiza unha función esencial na nosa sociedade, é un motor de transformación social. Mediante a súa vocación e entrega guía na aprendizaxe ao alumnado, compartindo con eles sabedoría, experiencia e, sobre todo, proximidade e dedicación.

Chega un novo 5 de outubro mundialmente dedicado pola UNESCO aos docentes e o seu esencial labor profesional, social e humana, este ano baixo o lema “Os docentes no centro da recuperación da educación”.

Conmemórase este día no terceiro curso escolar inmerso na pandemia, no que o profesorado fixo fronte a situacións únicas, que soubo sacar adiante, sen os apoios necesarios por parte da administración. Porque a súa votación, entrega e profesionalidade permitiron sacar o mellor do alumnado nun momento único de crise sanitaria.

Ensinar converteuse en todo un reto, non só polas limitacións e riscos que conleva exercer a profesión en tempos de pandemia, senón porque as decisións políticas, lonxe de arrimar o ombreiro, afástanse cada vez máis da realidade educativa, dese día a día e, polo tanto, do profesorado.

En CSIF sabemos que a profesionalidade e o esforzo incansable dos docentes deben ir acompañados do merecido recoñecemento ao seu labor, do respecto e cumprimento dos seus dereitos e da perentoria necesidade de exercer o seu traballo cos recursos e garantías necesarios para iso.

Por iso, e #ante a crise sanitaria que vivimos, CSIF presentou un ‘Plan de Reconstrución da Educación’, no que se propoñen solucións para a mellora do noso sistema educativo, que sitúen no centro da reforma ao profesorado. Nel inclúense reivindicacións como persoal sanitario nos centros educativos mediante a figura do persoal de enfermería escolar e unha maior dotación de recursos materiais e, sobre todo, persoais baseados no aumento de persoais e a redución de cocientes, entre outros.

Para CSIF o profesorado é a pedra angular do sistema educativo, polo que nos permitimos facer o noso tamén o lema de que os docentes son o centro da recuperación da educación. É inadmisible que non se conte cos verdadeiros expertos da educación nunha reforma educativa -a LOMLOE-, nin para buscar solucións aos problemas de fracaso escolar, paro xuvenil ou altas diferenzas entre Comunidades Autónomas, entre outros. É o momento de que as administracións asuman este lema e conten cos docentes. A función do profesorado debe prestigiarse comezando polo recoñecemento de óptimas condicións laborais. Sempre é bo momento para recoñecer o labor docente, pero nunca estivo tan clara esa necesidade como agora. É tempo de dar o lugar que se merecen a tantos e tantos docentes que seguen paliando coa súa entrega e profesionalidade as carencias e torpezas de quen nos dirixe.

Desde CSIF transmitimos unha vez máis o noso recoñecemento e agradecemento máis profundo para cada un dos nosos compañeiros e compañeiras que, coa súa valía e compromiso, melloran a educación de hoxe e aseguran unha mellor sociedade do mañá.

Seguimos esixindo un Pacto de Estado pola Educación. Hoxe máis que nunca é evidente o dano que a politización cainita fai á nosa educación e á nosa sociedade. Necesitamos un acordo para solucionar os problemas endémicos que o noso sistema padece desde hai máis de 30 anos e que estabilice dunha vez por todas a nosa Lei Orgánica. Necesitamos un sistema que escoite e reivindique o papel esencial do docente, cun consenso que mellore e homologue as súas condicións laborais e o seu prestixio social a través dun Estatuto Docente, que para regule toda a súa vida profesional, mellorando o acceso e a carreira docente como corpo nacional.

Neste Día Mundial da profesión, como facemos día tras día, CSIF loita pola dignificación do labor docente.

Madrid, 5 de outubro de 2021

CSIF EDUCACIÓN