- Nacional
- Andalucía
- Aragón
- Baleares
- Canarias
- Cantabria
- Castilla La Mancha
- Castilla y León
- Cataluña
- Ceuta
- Comunidad de Madrid
- Comunidad Valenciana
- Extremadura
- Galicia
- La Rioja
- Melilla
- Navarra
- País Vasco
- Principado de Asturias
- Región de Murcia
RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se regula a incorporación e impartición do programa de dobre titulación de bacharelato e baccalauréat -Bachibac- nos centros educativos sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021/22.
Co obxecto de regular a incorporación e impartición do programa de dobre titulación de bacharelato e baccalauréat –Bachibac– nos centros educativos sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021/22, resolvo anunciar:
Primeiro. Que a regulación e convocatoria da incorporación e impartición do programa de dobre titulación de bacharelato e baccalauréat –Bachibac– nos centros educativos sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021/22 estará dispoñible na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade www.edu.xunta.gal/portal
Segundo. Que o prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles contados a partir do día seguinte do anuncio da presente resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
Terceiro. Que os centros docentes que desexen impartir o programa Bachibac deberán formular a súa solicitude ante a Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional conforme o modelo que figura como anexo I da convocatoria e dirixila á Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.