ACTUALIZACIÓN DA OFERTA DE FP: GRAO BÁSICO, MEDIO E SUPERIOR EN MODALIDADE PRESENCIAL E OFERTA MODULAR ADULTOS
07 de Junio de 2021

ACTUALIZACIÓN DA OFERTA DE FP NOS CENTROS PÚBLICOS DE GALICIA DOS GRAOS: BÁSICO, MEDIO E SUPERIOR EN MODALIDADE PRESENCIAL

ORDE do 24 de maio de 2021 pola que se actualiza a oferta de formación profesional do sistema educativo, polo réxime ordinario, en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2021/22.

- Actualízase a oferta educativa dos ciclos formativos de grao profesional básico, grao medio e grao superior de formación profesional polo réxime ordinario, por curso completo en modalidade presencial, que se relacionan no anexo I, para o curso 2021/22, en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

- Actualízase a oferta dos programas formativos de formación profesional básica.

Requírese un número mínimo de doce solicitudes de matrícula admitidas de primeira opción por cada centro educativo nas cidades da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo, e de oito solicitudes en cada centro do resto de Galicia, para cada un dos ciclos formativos de grao profesional básico, grao medio e grao superior, no prazo ordinario de presentación de solicitudes. Un número menor de solicitudes require a autorización expresa da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional para pór en funcionamento esta ensinanza, e mentres que non se dispoña desta autorización, non se poderá formalizar ningunha matrícula. A condición do número mínimo de alumnado débese comunicar ás persoas interesadas no momento da súa preinscrición.

No caso de ciclos de grao profesional básico, para constituír un grupo do primeiro curso do ciclo formativo contabilizarase o alumnado de 15, 16 e 17 anos feitos no ano de inicio do ciclo formativo.

LIGAZÓN AO DOG

________________________________________

CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR DE FP. OFERTA MODULAR ADULTOS

ORDE do 24 de maio de 2021 pola que se actualiza a oferta modular polo réxime de persoas adultas, nas modalidades presencial, semipresencial e a distancia, de ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2021/22.

Actualización da oferta modular, polo réxime de persoas adultas: nas modalidades:

-Presencial

-Semipresencial

-Distancia.

Artigo 2. Número mínimo de solicitudes

Na modalidade presencial exíxese un mínimo de doce solicitudes de matrícula admitidas de primeira opción por cada centro educativo nas cidades da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo, e de oito solicitudes en cada centro do resto de Galicia, para cada un dos módulos profesionais de grao medio ou grao superior, no prazo ordinario de presentación de solicitudes. Na modalidade semipresencial e a distancia a autorización quedará condicionada a que exista un número mínimo de vinte solicitudes de matrícula no módulo correspondente. Un número menor de solicitudes require a autorización expresa da Secretaria xeral de Educación e Formación Profesional para pór en funcionamento esta ensinanza, e mentres que non se dispoña desta autorización, non se poderá formalizar matrícula ningunha. A condición do número mínimo de solicitudes débese comunicar ás persoas interesadas no momento da súa solicitude de admisión.

LIGAZÓN AO DOG