RECOÑECEMENTO DE NOVAS ESPECIALIDADES POLO PERSOAL FUNCIONARIO DE CARREIRA DO CORPO DE MESTRES.
01 de Junio de 2021

RECOÑECEMENTO DE NOVAS ESPECIALIDADES POLO PERSOAL FUNCIONARIO DE CARREIRA DO CORPO DE MESTRES

Durante o mes de xuño estará aberto o prazo para que o persoal docente funcionario de carreira do corpo de mestres que reúna os requisitos para a adquisición de novas especialidades establecidos no anexo do Real decreto 1594/2011, do 4 de novembro, polo que se establecen as especialidades docentes do corpo de mestres que desempeñen as súas funcións nas etapas de educación infantil e de educación primaria reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (BOE núm. 270, do 9 de novembro) poida solicitar o recoñecemento de novas especialidades.

PRAZO: desde o 1 de xuño ata o 30 de xuño de 2021 de acordo coa disposición sétima da Orde do 23 de xuño de 2020 pola que se establece o procedemento de recoñecemento de especialidades do persoal funcionario de carreira do corpo de mestres (código de procedemento ED020A) publicada no Diario Oficial de Galicia nº 131, do 3 de xullo.

SOLICITUDES:

Deben ser dirixidas á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

As solicitudes tamén poderán cubrirse na páxina web da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos https://www.edu.xunta.gal/datospersoais e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Para a presentación das solicitdes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).

Para calquera aclaración ou dúbida, o persoal docente pode poñerse en contacto co servizo:

Primaria:

Teléfonos:981 545 495 - 881 99 58 87 -981 544 487

Ou ben a través do correo electrónico persoal.primaria @edu.xunta.gal

Preguntas e respostas máis frecuentes relacionadas coa alegación de méritos .

ORDE