HABILITACIÓNS ENSINO PRIVADO. PRAZO ABERTO.
01 de Junio de 2021

Abre o prazo para solicitar habilitacións para o ensino privado

A presentación de solicitudes de habilitación farase unicamente mediante medios electrónicos

ORDE do 22 de xullo de 2020 pola que se desenvolve a normativa para o exercicio da docencia nos centros privados nas ensinanzas de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional, e se establece o procedemento de habilitación (código de procedemento ED302B).

As solicitudes (anexo I) presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Tamén poderán cubrirse na páxina web da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos https://www.edu.xunta.gal/habilitacions e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

- A CAHG na sesión do 29/09/2020 acordou novos criterios para titulacións e materias de modo que se actualizou a información contida no apartado "Criterios fixados pola Comisión autonómica de habilitacións de Galicia".

Os prazos de presentación de solicitudes da habilitación de cada ano natural serán os seguintes:

a) Do 10 de xaneiro ao 31 de xaneiro, ambos incluídos.

b) Do 15 de marzo ao 31 de marzo, ambos incluídos.

c) Do 1 ao 30 de xuño, ambos incluídos.

d) Do 1 de setembro ao 15 de setembro, ambos incluídos.

LIGAZÓN Á PÁXINA DE SOLICITUDES DE HABILITACIÓN

ORDE HABILITACIÓNS

Ficheros Adjuntos: