Información sobre a vacinación do profesorado galego.
27 de Mayo de 2021

REUNIÓN VACINACIÓN 27 MAIO

CSIF ENSINO e outras organizacións sindicais veñen de reunirse coa Consellería de Educación e a Dirección Xeral de Saúde Pública. Nesta xuntanza, comunícasenos:

- Comezarase a citación para a segunda dose de vacinación proximamente, a idea é ir citando a medida que se vaian cumprindo as 16 semanas desde a primeira dose, podendo adiantala, sempre en función das doses dispoñibles.

- Realizouse unha pilotaxe, e a día de hoxe iniciouse a citación por vía telefónica para que os incluídos nel indiquen se van elixir Pfizer ou AstraZeneca, co que se abren dúas axendas e segundo a elección de cada un, envíase un sms co link onde se atopa o consentimento informado en función da vacina seleccionada. O consentimiento, levarase asinado o día da citación, aínda que igualmente haberá modelos de ambos nos puntos de vacinación.

- Estase comprobado que case o 95% dos/as chamados/as ata o momento solicita ser novamente vacinado con AstraZeneca. Debido á magnitude do colectivo docente, están a plantexarse cando comencen os chamamentos, enviar simplemente un sms coa dirección para descargarse o consentimento informado e dispoñer nos puntos de vacinación dun pequeno stock de Pfizer para aqueles que opten por esta opción.

- Os datos que se están obtendo sobre AstraZeneca, avalan que a primeira dose xera unha inmunidade do 70-73% e remarcan a importancia de poñerse a segunda dose, sexa cal for a elección de cada un, indicando que en caso de terminarse o stock de Astrazeneca, aconsellan poñerse a segunda dose de Pfizer.

- Os estudos sobre a efectividade de AstraZeneca en Galicia indican que a mortalidade e os ingresos en UCI diminuíron case un 100% e os ingresos hospitalarios en máis dun 90%. A postura de Galicia a nivel institucional, respectando o resto de posicionamentos, é poñer a segunda dose de AstraZeneca, á marxe de que cada un poida elixir a opción que considere.

- Débese de seguir informando desde os centros de todos aqueles casos puntuais que quedaron sen recibir a primeira dose, de feito a día de hoxe notificouse novamente aos centros un prazo de tres días para que inclúan a todas aquelas persoas que estando en activo se atopen nesta situación.

- Os maiores de sesenta anos non teñen que firmar o consentimiento informado.

- Neste momento están estudando o mellor procedemento para vacinar aos que aínda están de Baixa, IT.

Indican que toda a información referida a este tema, xunto cos dous consentimentos e cun documento de preguntas e respostas frecuentes atópase dispoñible na seguinte ligazón: https://coronavirus.sergas.gal/