FONDO DE ACCIÓN SOCIAL RELATIVOS Á ATENCIÓN DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE.
18 de Mayo de 2021

FONDO DE ACCIÓN SOCIAL RELATIVOS Á ATENCIÓN DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE.

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia polo que se autorizan os criterios de repartición e convocatoria do fondo de acción social para o exercicio económico do ano 2020 relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade.

As axudas que se convocan son as correspondentes ao ano 2020 e están dirixidas ao persoal funcionario, incluído o persoal docente e o profesorado de relixión, ademais de a determinado persoal laboral do V Convenio colectivo único en situación de servizo activo no momento de presentación de solicitudes.

O importe da axuda será de 2.160,00 € por causante, con rateo da dita cantidade para o caso de que o recoñecemento ou cualificación da discapacidade se producise con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2020 ou que a convivencia non se mantivese durante todo o exercicio.

A solicitude será única, con independencia do número de causantes con discapacidade polos cales se solicita a axuda, e xerarase de forma telemática desde a internet: http://www.xunta.es/dxfp/fas.htm. Presentarase dentro do prazo dos dez días hábiles seguintes ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia no rexistro ou de forma dixital a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/portada) mediante trámite de solicitude xenérica, a través do servizo PR004A –Presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado– e dirixiranse á Consellería de Facenda e Administración Pública, unidade Dirección Xeral da Función Pública. No obxecto do asunto indicarase: Convocatoria do fondo de acción social do ano 2020. Xunto coa solicitude achegaranse tamén as copias auténticas dos documentos que se exixen e das certificacións que xustifiquen os feitos que se aleguen.

Prazo: 10 días hábiles

LIGAZÓN AO DOG

Ficheros Adjuntos: