Información sobre a vacinación do profesorado galego.
07 de Mayo de 2021

REUNIÓN VACINACIÓN DÍA 7 DE MAIO

Na reunión mantida na mañá de hoxe entre CSIF ENSINO e outras organización do ensino galego a Dirección Xeral de Saúde Pública confirma as seguintes cuestións:

Que o luns 10 de maio se retoma a vacinación do persoal dos centros educativos como colectivo esencial unha vez rematada a vacinación dos maiores de 60 anos.

Vacinarase con Pfizer ou Moderna xa Astrazeneca non se utiliza para menores de 60 anos, sendo Jansen tamen unha opción que poderia utilizarse. A semana que ven, por dispoñibilidade de doses utilizarase principalmente Moderna.

No tocante a inoculación da segunda dose das persoas vacinadas coa primeira dose de Astrazeneca ,Saúde Pública informa do seguinte proceder:

-As persoas de 60 ou máis anos, recibirán a segunda dose de Astrazeneca, 12 semanas despois da primeira dose.

-As persoas menores de 60 anos: esperarase un mes máis para tomar a decisión sobre como completar a vacinación polo que se tomará a decisión na semana 16.

- Vaise vacinar a todo o persoal dos centros educativos (persoal docente e non docente).

A orden de prelación será ir administrando vacinas ás persoas dos listados de incidencias pendentes, calculándose que en 2-3 semanas estará todo o persoal vacinado xa que se calcula que restan por vacinar entre 5000 e 6000 persoas.

Semanalmente a Consellería de Educación seguirá enviando listados de incidencias a Saúde Publica con persoal sen vacinar, polo que dende os centros e no caso de existir incidencias se debe remitir a incidencia á Consellería de Educación polas mesmas canles que se facía ata o de agora.

Dende CSIF ENSINO seguimos reclamando que se ten que vacinar a todo o persoal dos centros educativos co obxetivo de que o 100% do persoal comece o 1 de setembro coa pauta completa de vacinación e reclamamos tamén que as decisións sobre a segunda dose deben ser tomados en base a criterios cientificos.