Oposicións 2021. Composición dos tribunais que xulgarán a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega e castelá.
07 de Mayo de 2021

Composición dos tribunais que xulgarán a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega e castelá nos procedementos selectivos para ingreso e acceso a corpos docentes, convocados pola Orde do 24 de febreiro de 2020

Resolucións de 6 de maio de 2021, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se procede a nomear e facer pública a composición dos tribunais que xulgarán a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega e da lingua castelá nos procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación, ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas e ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de música e artes escénicas, ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (ED001A).

TRIBUNAIS DE LINGUA GALEGA

TRIBUNAIS DE LÍNGUA CASTELÁ

Quedan pendentes de ser publicados os lugares de celebración das probas.