Posicionamento de CSIF ENSINO GALICIA ante o cambio do período de adaptación en Educación Infantil
29 de Abril de 2021

CSIF ENSINO GALICIA, ante a proposta da Consellería de Educación de facer voluntario o período de adaptación quere manifestar a súa disconformidade.

CSIF considera que o neno-a precisa dese período de adaptación para minimizar os efectos da separación familia-escola, pois a integración paulatina ao novo medio créalle seguridade e confianza. Demasiado tempo de espera pode resultar estresante e doloroso e desenvolver conductas de rechazo e ansiedade que son moi habituais. As xornadas reducidas acurtan os tempos de espera para ver aos pais, o que favorece positivamente a aceptación escolar e desenvolve un vínculo máis positivo entre neno-escola.

Por eso consideramos que se debe manter dito período e non máis alá do mes de setembro, pensando máis na adaptación emocional dos nenos-as que na conciliación familiar/laboral dos proxenitores.