- Nacional
- Andalucía
- Aragón
- Baleares
- Canarias
- Cantabria
- Castilla La Mancha
- Castilla y León
- Cataluña
- Ceuta
- Comunidad de Madrid
- Comunidad Valenciana
- Extremadura
- Galicia
- La Rioja
- Melilla
- Navarra
- País Vasco
- Principado de Asturias
- Región de Murcia
II CERTAME DE MICRORRELATO CSIF ENSINO LETRAS GALEGAS
Primeira: Participarán aqueles alumn@s que se encontren no ano académico 2020-21 en Primaria ou Secundaria-Bacharelato.
Segunda: Extensión: 158 palabras, que coinciden co número de anos transcorridos dende a publicación de “Cantares Galegos”
Terceira: Tema libre, O microrrelato comezará así:
“Darío a diario…” (estas 3 palabras non se contabilizan nas 158)
Cuarta: Os textos terán que ser orixinais en lingua galega.
Quinta: Formato DIN A4 por unha cara, mecanografados a dobre espazo, corpo de letra 12 e encabezados polo título (este tampouco contabilizará para as 158 palabras do microrrelato)
Sexta: O premio de cada unha das categorías consistirá nun vale para mercar libros en galego para as persoas premiadas en cada unha das categorías:
Categoría de Primaria: Categoría de Secundaria- Bach.:
1º premio un vale de 200 €. 1º premio un vale de 200 €.
2º premio un vale de 150 €. 2º premio un vale de 150 €.
3º premio un vale de 100 €. 3º premio un vale de 100 €.
Sétima: Achegarase unha copia sen asinar dentro dun sobre pechado que especificará no exterior o pseudónimo elixido polo/a autor/a, a categoría a que se presenta. Dentro deste sobre incluirase outro sobre pechado, co pseudónimo no exterior, que deberá conter no seu interior os datos do autor/a (nome, apelidos, centro, enderezo, teléfono)
Oitava: Prazo de entrega ata o 7 de maio de 2021. Presentaranse nas sedes do sindicato ou mediante correo indicando:
II CERTAME DE MICRORRELATO CSIF ENSINO
Dirección da sede de CSIF da túa provincia
Novena: O xurado, designado polo Sindicato CSIF, emitirá o seu ditame o 14 DE MAIO de 2021.
Décima: CSIF resérvase a propiedade dos relatos premiados. Os relatos non premiados permanecerán no Sindicato, a disposición dos seus autores/as, os dous meses seguintes á entrega de premios. Transcorrido este período, os que non foran reclamados serán destruídos.
Undécima: A entrega de premios comunicarase no momento oportuno.
Duodécima: A participación implica a aceptación das normas contidas nas presentes bases.