Concurso eduemprende Idea 2021
16 de Abril de 2021

Concurso eduemprende Idea 2021

Orde do 7 de abril de 2021 (DOG do 16 de abril de 2021) pola que se convoca o concurso eduemprende Idea 2021, dirixido ao alumnado de ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos

Comprende dúas modalidades:

  • Modalidade A: ciclos de grao superior
  • Modalidade B: ciclos de grao medio

A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dous/dúas alumnos/as e un máximo de catro.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia (DOG).

PODES CONSULTAR AQUÍ TODA A INFORMACIÓN