OPOSICIÓNS GALICIA 2022
09 de Abril de 2021

OPOSICIÓNS GALICIA 2022.

  • ORDE do 28 de xaneiro de 2022 pola que se convocan procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación, ao corpo de profesores de ensino secundario e ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades (...)

::::::::::::::::::::::::::::::::::::::

PERSOAS NON EXENTAS DAS PROBAS DE GALEGO E CASTELÁN

CONSULTAR ANEXOS

::::::::::::::::::::::::::::::::::::::

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS

O prazo de interposición do recurso potestativo de reposición contra estas listas definitivas é dun (1) mes, contado dende o día seguinte ao desta publicación.

O dito recurso deberá formularse por medios electrónicos, utilizando o código de procedemento ED001A/2022, e dirixirse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade de acordo co establecido na base sexta da Orde do 28 de xaneiro de 2022.

O seu recurso estará correctamente presentado cando poida descargarse tanto o trámite de recurso de reposición asinado como o recibo de presentación deste.

No caso das persoas que non figuren na listas definitivas de persoas admitidas/excluídas o procedemento para interpoñer o dito recurso deberá realizarse mediante o modelo xenérico PR004A dispoñible na sede electrónica.

::::::::::::::::::::::::::::::::::::::

PUBLICACIÓN DA COMPOSICIÓN DOS TRIBUNAIS QUE XULGARÁN A PROBA DE ACREDITACIÓN DO COÑECEMENTO DA LINGUA GALEGA E CASTELÁN

PROBA CASTELÁN

Data, hora e lugar no que se realizar´a a citada proba:
Data: 14 de maio de 2022
Hora: ás 17:00 horas.
Lugar: IES As Fontiñas, rúa de Estocolmo, 5 Santiago de Compostela (A Coruña)

PROBA GALEGO

Data, hora e lugar no que se realizará a citada proba:

Data: 14 de maio de 2022

Hora: ás 18:00 horas.

Lugar: IES As Fontiñas, rúa de Estocolmo, 5 Santiago de Compostela (A Coruña)

CONSULTA AQUÍ TODA A INFORMACIÓN

Listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas dos procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación, ao corpo de profesores de ensino secundario e ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño e ...

Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fan públicas as listas provisorias de persoal admitido e excluído dos procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación, ao corpo de profesores de ensino secundario e ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de artes plásticas e deseño e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, convocados pola Orde do 28 de xaneiro de 2022 (DOG n.º 20, do 31 de xaneiro), corrección de erros, DOG n.º 59, do 25 de marzo) (código de procedemento ED001A).

O prazo de reclamacións contra estas listas é de cinco (5) días hábiles e comeza o xoves día 31 de marzo de 2022 e remata o mércores día 6 de abril de 2022 (ambos os días incluídos)

As reclamacións deberán formularse por medios electrónicos e dirixirse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade de acordo co establecido na base sexta da Orde do 28 de xaneiro de 2022.

Para realizar reclamacións á lista provisional de persoas admitidas e excluídas deberá proceder do seguinte xeito

1.- Acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón https://sede.xunta.gal/portada

2- Autenticarse co seu usuario e contrasinal

3.-Localizar o expediente correspondente á solicitude de participación procedemento selectivo (código de procedemento ED001A/2022) e premer na opción de “Acción” para elixir o trámite “Alegación”

4- Encher o formulario, anexar a documentación, se é o caso, asinar e presentar electronicamente premendo no botón “Asinar e presentar”

A súa reclamación estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto o trámite de alegación asinado como o recibo de presentación desta.

No caso das persoas que non figuren na listas de persoas admitidas/excluídas o procedemento para alegacións deberá realizarse mediante o modelo xenérico PR004A dispoñible na sede electrónica.

PODES CONSULTAR TODA A INFORMACIÓN NESTA LIGAZÓN DA NOSA WEB

LIGAZÓN Á NOTICIACONSELLERÍA