COMISIÓNS DE SERVIZOS POR MOTIVOS DE SAÚDE, CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E SOLICITUDE DE NON PARTICIPACIÓN NO CADP
Está prevista a sua publicación no DOG de mañán
19 de Mayo de 2020

PRÓXIMA APERTURA DE PRAZOS PARA A SOLICITUDE DE COMISIÓNS DE SERVIZOS POR MOTIVOS DE SAÚDE, CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E SOLICITUDE DE NON PARTICIPACIÓN NA CONVOCATORIA DE ADXUDICACIÓN DE DESTINOS PROVISIONAIS.

Está previsto que mañán se publique no Diario Oficial de Galicia a Orde do 14 de maio de 2020 pola que se abre o prazo para que o persoal docente solicite comisión de servizos por motivos de saúde, en atención a situación de conciliación da vida familiar e laboral e o persoal docente interino e substituto solicite non participar na convocatoria de adxudicación de destinos provisionais para o curso académico 2020-2021.

Tal e como se establece no artigo 1 da dita orde, o prazo de solicitudes para as ditas comisións de servizo (saúde e concilia) comprende desde o día 25 de maio ata o 5 de xuño de 2020, ambos incluídos.

Así mesmo, e tal e como se establece no artigo 2 da dita orde, o prazo de solicitudes de non participación na convocatoria de adxudicaciónn de destinos provisionais comprende desde o día 25 de maio ata o 12 de xuño de 2020, ambos incluídos.