APERTURA DO PRAZO DE NON PARTICIPACIÓN NO CADP
PRAZO: desde o 15 de maio ata o 31 de maio de 2022, ambos incluídos
13 de Mayo de 2022

Apertura do prazo de solicitudes de non participación no concurso de adxudicación de destinos provisionais para o persoal interino e substituto (CADP)

De acordo co artigo 39.1 da Orde do 7 de xuño de 2018 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional entre o persoal docente pertencente aos corpos de inspectores de Educación, catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, e do corpo de mestres, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo (Diario Oficial de Galicia n.º 113, do 14 de xuño), o persoal interino e substituto que se atope nalgunha das situacións recollidas no punto décimo cuarto da Resolución do 28 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se dá publicidade ao texto refundido do Acordo do 20 de xuño de 1995 polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente desta consellería, poderá formular solicitude de non participación no concurso de adxudicación de destinos provisionais (CADP)

PRAZO: desde o 15 de maio ata o 31 de maio de 2022, ambos incluídos

QUE DOCUMENTACIÓN HAI QUE ACHEGAR XUNTO COA SOLICITUDE?
Xunto coa solicitude deberá achegarse a documentación xustificativa de que o persoal interino ou substituto se atopa nalgunha das situacións relacionadas no punto décimo cuarto da Resolución do 28 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia núm.131 do 11 de xullo).