OPOSICIÓNS GALICIA 2022. PUBLICACIÓN DA COMPOSICIÓN DOS TRIBUNAIS QUE XULGARÁN A PROBA DE ACREDITACIÓN DO COÑECEMENTO DA LINGUA GALEGA E CASTELÁN
03 de Mayo de 2022

Publicación da composición dos tribunais que xulgarán a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega e castelán nos procedementos selectivos para ingreso e acceso a corpos docentes, convocados pola Orde do 28 de febreiro de 2022

Resolucións de 2 de maio de 2022, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se procede a nomear e facer pública a composición dos tribunais que xulgarán a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega e da lingua castelá nos procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación, ao corpo de profesores de ensino secundario e ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de artes plásticas e deseño e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (ED001A).

PROBA CASTELÁN

Data, hora e lugar no que se realizar´a a citada proba:
Data: 14 de maio de 2022
Hora: ás 17:00 horas.
Lugar: IES As Fontiñas, rúa de Estocolmo, 5 Santiago de Compostela (A Coruña)

PROBA GALEGO

Data, hora e lugar no que se realizará a citada proba:

Data: 14 de maio de 2022

Hora: ás 18:00 horas.

Lugar: IES As Fontiñas, rúa de Estocolmo, 5 Santiago de Compostela (A Coruña)