LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS, DA CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ESTADÍAS NALGÚN ESTADO MEMBRO DA UNIÓN EUROPEA, DURANTE O VERÁN DE 2022
05 de Abril de 2022

Listaxe provisional de admitidos e excluídos, da convocatoria de axudas para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea, durante o verán de 2022

De conformidade co disposto no artigo 10.1 da Orde do 22 de novembro de 2021 polo que se aproban as bases e se procede á convocatoria de axudas ao alumnado universitario para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea, durante o verán de 2022, co obxecto de coñecer a lingua dese país, procédese á exposición das Listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas, e os motivos de exclusión.

As persoas interesadas disporán dun prazo de reclamación de dez días e, durante ese prazo, poderán emendar erros e a falta de documentación ante a Secretaría Xeral de Universidades, achegando electronicamente, a documentación necesaria accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada (modelo emenda ao requirimento) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia,

LISTAXE PROVISIONAL