CADP Primaria. Adxudicación definitiva
03 de Agosto de 2021

CADP MESTRES RESOLUCIÓN DEFINITIVA

Publicación da Resolución do 3 de agosto de 2021 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se publica a adxudicación definitiva dos destinos provisionais para o próximo curso académico 2021/22 ao persoal do corpo de mestres que non teña destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, ao que resulte desprazado por falta de horario, ao que se lle conceda unha comisión de servizos por concellaría, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino ou substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo de acordo co establecido no artigo 37.d) da Orde do 7 de xuño de 2018 pola que se ditan normas para a adxudicación de destinos provisionais (DOG núm. 113, do 14 de xuño) e o punto oitavo da Resolución do 16 de xuño de 2021 (Diario Oficial de Galicia núm. 121, do 28 de xuño) da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

RESOLUCIÓN

ADXUDICACIÓN DEFINITIVA POR ORDEN ALFABÉTICA