Pruebas Celga lengua gallega
13 de Septiembre de 2021

CSIF INFORMA: RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 2021, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2021 (código de procedemento PL500C).

1.- Persoas destinatarias.
As persoas maiores de dezaseis anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras.

2.- Datas de realización das probas.
As probas dos distintos niveis Celga terán lugar nos meses de novembro e/ou decembro de 2021, sempre que a evolución da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 o permita.

As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal).

Presentación de solicitudes e prazo.

.- As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, que se publica como anexo I, e aboar a taxa correspondente.
O formulario de solicitude estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal. As persoas interesadas deberán indicar nel a proba ou as probas ás que solicitan presentarse, así como a localidade, e dirixilo á Secretaría Xeral de Política Lingüística.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210913/AnuncioG0598-260821-0001_gl.pdf