PRIVATIZAR = A EXPROPIAR O TEU
- Empresas privadas están a xestionar datos de máis de 40.000.000 de persoas a través de contratos adxudicados pola Xerencia de Informática da Seguridade Social.
- A Atención telefónica da Tesourería Xeral da Seguridade Social e realizada por operadores de empresas privadas
- Nas oficinas da Seguridade Social o persoal auxiliar de servizos xerais pertence a empresas privadas
- As vidas laborais non poden solicitarse directamente nas Oficinas da Seguridade Social, xestionadas tamén nunha empresa privada
CENTOS E CENTOS DE MILLÓNS DE EUROS PAGADOS TODOS OS ANOS A EMPRESAS PRIVADAS QUE, EN MOITAS OCASIÓNS, SON MULTINACIONAIS CON SEDE NO EXTRANXEIRO, Á BASE DE AMORTIZAR EMPREGO ESTABLE E CON DEREITOS LABORAIS
O PROPIO TRIBUNAL DE CONTAS DI RESPECTO DA FISCALIZACION DOS CONTRATOS CON ESTAS EMPRESAS:
- Falta xustificación da insuficiencia de medios persoais e materiais, xa que as administracións contratantes só se limitan a sinalar que non dispoñen de medios
- Falta de estudos obxetivos comparando o custo económico que leva realizar esas actividades con persoal propio e o custo de realizalas coa contratación de empresas externas
- Dependencia tecnolóxica excesiva, xa que en moitas ocasións teñen que recorrer a procedementos negociados a un só provedor (maior prezo)
- Deficiencias relacionadas cos principios de obxectividade e economía.
Si non fan estudos obxetivos, ¿como saben que é necesario contratar empresas privadas?
¿Como chegan á conclusión de que contratar medios externos é máis económico que contratar empregados públicos?
¿Quen sae gañando coa privatización dos servizos públicos?. A cidadanía non
DEFENDE O TEU